Este concepto celta verdadeiro aparece na Historia da man de escritores gregos do século V a.C. aos que chamaban Keltoi. Este termo acollía a todos os pobos europeos non coñecidos da terra mediterránea. Este nome foi escollido por un grupo de Vigo de OI :
Por outra parte os escritores grecolatinos englobaban no concepto de Celtae, Galli ou Gallatai o caracter de "bárbaros". Autores posteriores nombraron populi aos do territorio galáico.

Ata o século XVI ninguén tivo interese por estos textos grecolatinos. Foi a sociedade renacentista a que se fixou neles, acompañados de tradicións que traerían os refuxiados irlandeses. Por todo isto, no Romanticismo do século XIX e o seu nacionalismo, o término celta foi atribuido como signo de identidade. Simbolizaron o que fixeron os grecolatinos que trataban aos celtas de bárbaros coa opresión dos pobos pola orde social.
Este termo acabou dotado dun caracter racista, creando os historiadores locais un modelo social, una relixion, unha arte...
No século XX o Seminario de Estudos Galegos utilizará a idea cultural celta como base de identidade, en especial dous escritores : Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo.

Deste modo a cultura castrexa vese vinculada ao celtismo erróneamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario