domingo, 2 de diciembre de 2012

Chámome Coyolli e vivo nun castro.


Chámome Coyolli e vivo nun castro. 
O meu pai e o meu irmán maior dedícanse á caza e a pesca case todo o tempo. Son moi bos cazadores, polo que temos a sorte de comer carne de xabarín moi a miudo. Ainda son moi pequena para ir con eles, polo que  quedo na casa axudando á miña nai a facer ropaxes. Encántame texer, polo que moitas veces fago teas ata para xente que non é da miña familia. Mañá teremos que facer algunhas agullas cos cornos que temos gardados na casa. Ainda que non teño moito tempo para xogar, encántame ir a praia e correr mollando os pes na auga.




O noso castro está situado nunha elevación, polo que as vistas son espectaculares. Divísase un contraste fermoso entre mar e montaña. Sempre que podemos o meu irmán Yolcaut e eu quedámonos fora da casa para ver o sol desaparecer polo fin do mar. 

Polas noites acostumaos a comer todos xuntos, sentados por orde de idade, onde a máis maior, Zyanya encabeza a mesa. É a persoa máis sabia do clan, e sepre cóntanos historias antigas a carón do lume sobre os nosos antepasados. Algunhas asústanme, como cando fala dos mortos que veñen a pedirnos cousas para poder sobrevivir no outro mundo. 
Moitos homes do poboado están a traballar nunha palloza onde facer a reunión semanal e repartir as tarefas comúns. Están acumulando a palla necesaria para o tellado, pero fanno rápido e estará rematada para o mes que ven. 
Nunhas semanas poderemos recoller froitos no bosque, e aproveitarei tamén para coller  flores e facer unhas coroas. 
Ainda que teño unha vida moi atarefada, podo dicir que disfrtuto do día a día e das pequenas cousas con tanta beleza da miña comunidade. E se algo podo desexar é chegar a ser como Zyanya, e así guiar e axudar ao meu clan o mellor que poida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario