jueves, 31 de enero de 2013

Manfred Gnadinger


Durante estos días estiven a pensar en cómo tratar o tema do Prestige dende un punto diferente, e recordei o caso de Manfred Gnadinger. Recordo o que me impactara aquel home cando pasara todo, e que quedaba pasmada mirando o televisor cada vez que saía algo sobre él.







Manfred, ou máis coñecido como Man, era un alemán ermitaño que viviu durante 30 anos nunha chaboliña situada ao carón do mar no pobo costeiro de Camelle. Dedicaba o seu tempo a crear arte coas rochas e os lixos que recollía nas praias.
 Alimentábase prácticamente do que cosneguía do mar. Vivía levando posto un simple taparrabos e sen levar nunca calzado. Era un home forte ao que lle encantaba facer deporte e nadar nas frías e fermosas aguas da costa da morte. 
O pouco diñeiro que gañaba sacábao cobrando aos visitantes 1€ por visitar a súa estrafalaria e interesante obra artística, a súa propia casa. 
Coa traxedia da marea negra, toda a súa obra veuse impregnada por aquel petróleo, provocando en Man una gran penuria e melancolía. Él dicía que o petróleo matáralle a vida. Non quería que ninguén limpase as rochas, senon que quería deixalas marcadas para simbolizar a gran traxedia que gran parte de Galicia estaba a vivir. 
Todo isto sumiuno nunha gran depresión que o levou a aislarse e deixar de comer.
En momentos de delirio, veciños escoitáronlle falar dun soño  : 

"No meu soño o alquitrán entra en mí, pégaseme nos osos  e síntoo por todo o corpo. Seguirá chegando alquitrán ata que non quede máis no mar e, cando xa non chegue alquitrán virá unha balea negra, morta. Entón enterrareina e todo haberá acabado para mí. Diréi adéus, adéus, adéus..."




O sábado 28 de novembro de 2002 Manfred é atopado morto  no chan da súa casa. Man foi un home moi querido por todo o pobo de Camelle. Os seus restos seguen no pobo onde deu a súa vida por querer ó mar e á arte.



Todo isto ensínanos a loita pola catástrofe do Prestige dende un punto de vista máis personal, a derradeira dor por algo que se ama, un final tráxico que nos ensina a parte máis humana de todo un colectivo de afectados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario