lunes, 22 de octubre de 2012

TÓCALLE Á MÚSICA POR AQUÍ

No blog principal estase a destacar a música galega, e eu quero falar dunha persoa  que, a min e creo que a moitas máis persoas da clase, fai que teñamos un amor diferente con nos mesmos e coa nosa terra.
Trátase de Andrés Súarez, un cantautor ferrolán veciño meu de toda a vida, e irmán dunha das miñas mellores amigas. Pódese pensar que por coñecelo téñolle un aprecio especial, pero é de dicir que son moi crítica, e que de verdade creo que ten unha calidade musical dificil de atopar tan preto das nosas casas.
Namorado do mar e das praias de Galicia, nas suas letras queda plasmado o sentir e o querer das cousas que nos rodean, xa sexa o amor por unha persoa coma por unha paisaxe.
Pode que as súas letras non sanguen en galego, pero sí que laten nota a nota na xa mencionada lingua.

Deixo aquí algunhas das cancións que máis me chegan de este gran artista.



" Somos el norte y el este al sur de piedras y charcos"







" Te veo en cada gaviota "

GALICIA DO REVÉS

Parece mentira, xa pasaron catro anos e outras eleccións en Galicia... Eleccións que non serviron para nada. 
 Que Galicia é unha das comunidades que non necesita ser rescatada? Perfecto, pero iso non é soamente cousa do PP, senón que un 90% dese mérito é de tódolos galegos que se parten o lombo a traballar.
 Pasaron catro anos de protestas, descontento xeral pero aínda así seguen a votar ao PP... Ou a xente é cega ou a política xa non merece a pena... Porque se a xente quere cambio segue a votar ao PP? E aínda por riba, danlle a maioría absoluta. Imos a ver... É que non vedes a política que estase a aplicar en España?  Non saídes á rúa cando hai manifestacións? Por qué non lle damo-lo poder a outros partidos que non sexan PP ou PSOE? Por qué? Por qué? 

Por qué?

Se tivera que facer un resumo destas eleccións sería: galegos pechados de mente. E se tivera que dicir cales son as miñas sensacións son as de vacío e incertidume... 
Vacío porque para o único que serviu o meu voto é para poder quiexarme durante catro anos máis... Incertidume porque non sei hacia onde nos diriximos, nin o que vai a pasar... 

 O único que podo facer é agardar un cambio que oxalá chegue tarde ou cedo, senón non me queda outra que deixar de creer na política ou peor ainda, no meu país.



A miña Galicia

Para moitos Galicia é terra de marisco e de praias e persoas frías. Pode que sexan cousas importantes en certo modo, pero a miña Galicia non é a que todo o mundo pode ter.

Galicia é a miña familia, pasar o tempo na casa dos meus avós facendo freixós unha tarde de domingo ou camiñar polo monte para poder mollar os pes no lago de Valdoviño.Galicia son as noites con frío, as mañás co rocío nas follas secas. É escoitar os contos dos meus maiores cunha taza quentándome os dedos e unha vágoa bailando nas miñas meixelas. O gusto por comer un bo cocido os días de festa, ou a festa que se monta cun pouco de licor café.Galicia é o recendo a vela que teñen as igrexas ou o recendo a igrexa que teñen os velliños. Son as meigas que tanto medo me metían cando era pequena con elas.

A miña terra son recordos e non os típicos tópicos que todos podemos soltar.



 Galicia somos nos, e a nos fíxonos Galicia.