domingo, 2 de diciembre de 2012

O mito do celtismo en Galicia

Dende o século XIX un confuso concepto celta espállase polo territorio galego. O pasado, presente e futuro de Galicia vense ligados a un celtismo artificial e ambiguo, proba dos tópicos históricos que sofre a nosa terra.
Este concepto celta verdadeiro aparece na Historia da man de escritores gregos do século V a.C. aos que chamaban Keltoi. Este termo acollía a todos os pobos europeos non coñecidos da terra mediterránea. Este nome foi escollido por un grupo de Vigo de OI :



Por outra parte os escritores grecolatinos englobaban no concepto de Celtae, Galli ou Gallatai o caracter de "bárbaros". Autores posteriores nombraron populi aos do territorio galáico.
Para a gran maioría os celtas eran sinónimo de salvaxismo e caos, mentres que para outros, a minoría, serían os vividores dunha Idade Dourada.
Ata o século XVI ninguén tivo interese por estos textos grecolatinos. Foi a sociedade renacentista a que se fixou neles, acompañados de tradicións que traerían os refuxiados irlandeses. Por todo isto, no Romanticismo do século XIX e o seu nacionalismo, o término celta foi atribuido como signo de identidade. Simbolizaron o que fixeron os grecolatinos que trataban aos celtas de bárbaros coa opresión dos pobos pola orde social.
Este termo acabou dotado dun caracter racista, creando os historiadores locais un modelo social, una relixion, unha arte...
No século XX o Seminario de Estudos Galegos utilizará a idea cultural celta como base de identidade, en especial dous escritores : Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo.

Hoxe en día o celtismo liga esta idea ao comercio, xa que se utiliza como método de atación turística  así como na venda de productos.
 Deste modo a cultura castrexa vese vinculada ao celtismo erróneamente. 

Chámome Coyolli e vivo nun castro.


Chámome Coyolli e vivo nun castro. 
O meu pai e o meu irmán maior dedícanse á caza e a pesca case todo o tempo. Son moi bos cazadores, polo que temos a sorte de comer carne de xabarín moi a miudo. Ainda son moi pequena para ir con eles, polo que  quedo na casa axudando á miña nai a facer ropaxes. Encántame texer, polo que moitas veces fago teas ata para xente que non é da miña familia. Mañá teremos que facer algunhas agullas cos cornos que temos gardados na casa. Ainda que non teño moito tempo para xogar, encántame ir a praia e correr mollando os pes na auga.




O noso castro está situado nunha elevación, polo que as vistas son espectaculares. Divísase un contraste fermoso entre mar e montaña. Sempre que podemos o meu irmán Yolcaut e eu quedámonos fora da casa para ver o sol desaparecer polo fin do mar. 

Polas noites acostumaos a comer todos xuntos, sentados por orde de idade, onde a máis maior, Zyanya encabeza a mesa. É a persoa máis sabia do clan, e sepre cóntanos historias antigas a carón do lume sobre os nosos antepasados. Algunhas asústanme, como cando fala dos mortos que veñen a pedirnos cousas para poder sobrevivir no outro mundo. 
Moitos homes do poboado están a traballar nunha palloza onde facer a reunión semanal e repartir as tarefas comúns. Están acumulando a palla necesaria para o tellado, pero fanno rápido e estará rematada para o mes que ven. 
Nunhas semanas poderemos recoller froitos no bosque, e aproveitarei tamén para coller  flores e facer unhas coroas. 
Ainda que teño unha vida moi atarefada, podo dicir que disfrtuto do día a día e das pequenas cousas con tanta beleza da miña comunidade. E se algo podo desexar é chegar a ser como Zyanya, e así guiar e axudar ao meu clan o mellor que poida.



lunes, 22 de octubre de 2012

TÓCALLE Á MÚSICA POR AQUÍ

No blog principal estase a destacar a música galega, e eu quero falar dunha persoa  que, a min e creo que a moitas máis persoas da clase, fai que teñamos un amor diferente con nos mesmos e coa nosa terra.
Trátase de Andrés Súarez, un cantautor ferrolán veciño meu de toda a vida, e irmán dunha das miñas mellores amigas. Pódese pensar que por coñecelo téñolle un aprecio especial, pero é de dicir que son moi crítica, e que de verdade creo que ten unha calidade musical dificil de atopar tan preto das nosas casas.
Namorado do mar e das praias de Galicia, nas suas letras queda plasmado o sentir e o querer das cousas que nos rodean, xa sexa o amor por unha persoa coma por unha paisaxe.
Pode que as súas letras non sanguen en galego, pero sí que laten nota a nota na xa mencionada lingua.

Deixo aquí algunhas das cancións que máis me chegan de este gran artista.



" Somos el norte y el este al sur de piedras y charcos"







" Te veo en cada gaviota "

GALICIA DO REVÉS

Parece mentira, xa pasaron catro anos e outras eleccións en Galicia... Eleccións que non serviron para nada. 
 Que Galicia é unha das comunidades que non necesita ser rescatada? Perfecto, pero iso non é soamente cousa do PP, senón que un 90% dese mérito é de tódolos galegos que se parten o lombo a traballar.
 Pasaron catro anos de protestas, descontento xeral pero aínda así seguen a votar ao PP... Ou a xente é cega ou a política xa non merece a pena... Porque se a xente quere cambio segue a votar ao PP? E aínda por riba, danlle a maioría absoluta. Imos a ver... É que non vedes a política que estase a aplicar en España?  Non saídes á rúa cando hai manifestacións? Por qué non lle damo-lo poder a outros partidos que non sexan PP ou PSOE? Por qué? Por qué? 

Por qué?

Se tivera que facer un resumo destas eleccións sería: galegos pechados de mente. E se tivera que dicir cales son as miñas sensacións son as de vacío e incertidume... 
Vacío porque para o único que serviu o meu voto é para poder quiexarme durante catro anos máis... Incertidume porque non sei hacia onde nos diriximos, nin o que vai a pasar... 

 O único que podo facer é agardar un cambio que oxalá chegue tarde ou cedo, senón non me queda outra que deixar de creer na política ou peor ainda, no meu país.



A miña Galicia

Para moitos Galicia é terra de marisco e de praias e persoas frías. Pode que sexan cousas importantes en certo modo, pero a miña Galicia non é a que todo o mundo pode ter.

Galicia é a miña familia, pasar o tempo na casa dos meus avós facendo freixós unha tarde de domingo ou camiñar polo monte para poder mollar os pes no lago de Valdoviño.Galicia son as noites con frío, as mañás co rocío nas follas secas. É escoitar os contos dos meus maiores cunha taza quentándome os dedos e unha vágoa bailando nas miñas meixelas. O gusto por comer un bo cocido os días de festa, ou a festa que se monta cun pouco de licor café.Galicia é o recendo a vela que teñen as igrexas ou o recendo a igrexa que teñen os velliños. Son as meigas que tanto medo me metían cando era pequena con elas.

A miña terra son recordos e non os típicos tópicos que todos podemos soltar.



 Galicia somos nos, e a nos fíxonos Galicia.