lunes, 22 de octubre de 2012

A miña Galicia

Para moitos Galicia é terra de marisco e de praias e persoas frías. Pode que sexan cousas importantes en certo modo, pero a miña Galicia non é a que todo o mundo pode ter.

Galicia é a miña familia, pasar o tempo na casa dos meus avós facendo freixós unha tarde de domingo ou camiñar polo monte para poder mollar os pes no lago de Valdoviño.Galicia son as noites con frío, as mañás co rocío nas follas secas. É escoitar os contos dos meus maiores cunha taza quentándome os dedos e unha vágoa bailando nas miñas meixelas. O gusto por comer un bo cocido os días de festa, ou a festa que se monta cun pouco de licor café.Galicia é o recendo a vela que teñen as igrexas ou o recendo a igrexa que teñen os velliños. Son as meigas que tanto medo me metían cando era pequena con elas.

A miña terra son recordos e non os típicos tópicos que todos podemos soltar.



 Galicia somos nos, e a nos fíxonos Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario